Primaria
Os nenos e nenas de terceiro de primaria xunto con todos os seus compañeiros do centro correron un ano máis pola nosa lingua...
A nosa compañeira Nerea cumpriu 9 aniños e celebrámolo todos xuntos comendo unha tarta riquísima de obleas e chocolate. Moitos parabéns!

Onte, 9 de maio, Xoel cumpriu 9 aniños. Trouxo unha tarta e uns regaliños para os seus compañeiros e compañeiras. Moitos parabéns Xoel!

Os nenos e nenas de terceiro de primaria tamén quixeron plantar no horto do colexio, cada un plantou un amorodo, agora toca coidalos para que medren e esperar a que maduren para poder saborealos.


VISITA DE PRIMARIA AO ECOAGRO - Kizoa Movie Maker
Os nenos e nenas de terceiro visitaron o Ecoagro xunto co resto de compañeiros do colexio. Nesa visita escolleron a súa planta favorita para logo poder facer unha ficha resumo da visita.

3º PRIMARIA: VISITA AO ECOAGRO - Kizoa Movie Maker
Os nenos e nenas de terceiro de primaria deséxanvos a todos unha FELIZ PASCUA!
3º PRIMARIA: PASCUA 2024 - Kizoa Movie Maker
Aquí tedes un pequeno resumo do que fixeron os nenos e nenas de terceiro de primaria para conmemorar o 19 de Marzo.

3º PRIMARIA: DÍA DO PAI 2024 - Kizoa Movie Maker
Hoxe, 18 de Marzo a nosa compañeira Alba celebra o seu aniversario e trouxo unha tarta riquísima para compartir con todos os seus compañeiros e compañeiras. Moitos parabéns polos seus nove aniños!

3º PRIMARIA: ANIVERSARIO DE ALBA - Kizoa Movie Maker
Os nenos e nenas de terceiro de primaria conmemoraron o día da Muller Traballadora xunto co resto do alumnado do centro para homenaxear a distintas mulleres galegas destacadas ao longo da historia.





