Primaria
O 4 de xuño a nosa compañeira Iria cumpriu 7 anos, foi o último aniversario do curso de primeiro... moitos parabéns!!
1º CUMPLE IRIA - Kizoa Movie Maker
Na última semana do mes de maio, as nenas e nenos de 6º de Primaria expuxéronnos os seus Lapbooks sobre distintas temáticas da materia de naturais. Velaquí unha mostra do traballo que realizaron:
- Brais e Alejandro contáronnos o seu traballo sobre A enerxía e os cambios da materia. Tedes a continuación unha mostra do seu traballo:
- Paula e María faláronnos sobre Os fungos e outros reinos. Podedes ver o seu traballo nas seguintes imaxes:
- Raúl e Álex expuxeron o seu traballo sobre A reprodución. Aquí tedes o resultado:
- Cris e Sara falaron sobre A electricidade e o magnetismo. O resultado do seu traballo é o seguinte:
- Noa e Vicky elaboraron o seu Lapbook sobre A nutrición e os aparellos dixestivo e respiratorio. Velaquí o resultado final:
Neste mes de maio cumpriron os sete anos Xoel e Nerea, moitos parabéns!!!
1º PRIMARIA CUMPLES DE MAIO - Kizoa Movie Maker
Os nenos e nenas de primeiro de primaria fixeron estes preciosos contos infinitos para as súas mamás.
1º PRIMARIA DIA DA NAI - Kizoa Movie Maker
Esta semana os alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria, asistiron a un pequeno cursiño de primeiros auxilios, impartido polo Sergas no noso centro. Aprendemos como actuar ante eses pequenos accidentes que sufrimos a diario. Moitas grazas aos enfermeiros Raquel, Alberto e Quique pola vosa paciencia e dedicación. Foi unha sesión moi productiva!
Os nenos e nenas de primeiro de primaria aprenderon moitas cousas sobre os animais facendo esta manualidade tan chula.
1º MANUALIDADE ANIMAIS - Kizoa Movie Maker
No mes de marzo cumpriu anos a nosa compañeira Alba, moitos parabéns!
1º CUMPLES MARZO - Kizoa Movie Maker
1º PRIMARIA PASCUA - Kizoa Movie Maker
No pasado mes de febreiro cumpriron os 7 anos Alexia, Pamella e Sofía, moitos parabéns para as tres!
1º CUMPLES FEBREIRO - Kizoa Movie Maker
No cole de Castrelo non podíamos deixar outro ano máis aos nenos sen desfile, porque eles meréceno todo e máis, porque levan cumprindo as normas mellor ca ninguén durante todo este tempo, porque aguantan todo sen queixarse e sempre cun sorriso, porque somos moi entroideros, porque sabemos desfrutar con sentidiño!! VIVA O ENTROIDO DE CASTRELO!!
Os nenos e nenas de primeiro de primaria fixeron varios traballos relacionados co día da PAZ, manualidades, visionado de contos e tamén un debuxo sobre a activista MALALA YOUSAFZAI coa frase: "un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"