No cole de Castrelo somos moi entroideiros, despois do desfile do xoves en Verín, o venres repetimos polas rúas de Castrelo xunto coa casa niño de Pepín e acompañados coa música de Candaira. Despois do desfile, os nenos do cole de Castrelo e os pequechos da Casa Niño comemos e xogamos no parque do Terrón, foi unha xornada divertida e seguro que repetiremos máis actividades xuntos. Moitísimas grazas ao Concello de Castrelo, a Ramón e ás mulleres de Candaira por acompañarnos.
Despois de semanas de moito traballo, hoxe chegou o gran día!! e desfrutámolo moito!! Así de guapos desfilamos por Verín!!
desfile entroido verin 2023 - Kizoa Movie Maker
E mañá repetimos por Castrelo! VIVA O ENTROIDO!!
Mañá, arredor das 12:00 comezaremos o desfile infantil de Entroido en Castrelo do Val. Comezaremos no colexio e remataremos no parque do Terrón. Aquí vos deixamos un plano co percorrido:
NA REUNIÓN DE SETEMBRO A MESTRA XA VOS INDICA CALES MERCAR DOS DA LISTA