Titora de 5 anos: R.María Iglesias Folgoso
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CURSO 2020-2021
DÉIXOVOS UNHAS ACTIVIDADES PARA IR FACENDO:
PRIMEIRA E SEGUNDA SEMANA DE FEBREIRO DE 2021.
A teacher déixavos estes vídeos de cancións para poder cantar e bailar:
RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN (5 ANOS)
EDITORIAL GEU:
- Lecturas comprensivas. Nº 5 (ISBN: 978-841774838-8)
- Matemáticas comprensivas. Cálculo 1 (Números del 1 al 29)
- Matemáticas comprensivas. Números 1 (Números hasta el 29)
FELIZ VERÁN A TOD@S!!!
TAREFAS PARA A SEMANA DO 8 Ó 12 DE XUÑO.
ESTA SEMANA E A VINDEIRA PROPOÑO FACER ACTIVIDADES DE REPASO E REMATAR O CUADERNILLO 6 DE GALAXIA DAS LETRAS QUE SIGO MARCANDO DE COR VERDE.
LUNS 8
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
GALAXIA DAS LETRAS:
- Ficha páxina 4 (conto da letra X)
- Ficha páxina 5
MARTES 9
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
MÉRCORES 10
GALAXIA DAS LETRAS:
- Ficha páxina 6
imprimir ou adaptar as seguintes:
XOVES 11
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
VENRES 12
GALAXIA DAS LETRAS:
- Ficha páxina 7 (conto letra K-k)
- Ficha páxina 8
RELIXIÓN SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO
TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 Ó 5 DE XUÑO.
RECORDADE:
- AS FICHAS DA UNIDADE 6 "DO CHAN AO CEO", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 5, MÁRCOAS DE VERDE
LUNS 1
Unidade 6
- Ficha 17
Ordenar sílabas. Seguir as indicacións da ficha.
Mentes matemáticas
- Ficha 20
Simetría. Colorear con ceras brandas as figuras da dereita e seguir as indicacións da ficha.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 36. Ordenar e escribir as frases.
- Ficha páxina 37. Escribir frases apropiadas para cada debuxo do estilo das que aparecen no reverso da ficha. Recordade empezar con maiúscula e rematar co puntiño.
MARTES 2
Mentes matemáticas:
- Ficha 21
Unidade 6:
- Ficha 18
Sumas. Debuxar os lazos que lle faltan a cada cometa para chegar ó número que indica. Escribe o número no círculo vermello.
- Ficha 19
Seguir as indicacións da ficha.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 38. Resolver o crucigrama con axuda.
- Ficha páxina 39. Completar coas sílabas que aparecen no reverso da ficha. Ler o conto e facer un debuxo do final do mesmo no reverso.
MÉRCORES 3
Unidade 6:
- Ficha 20
Conto "A Estreliña". Podedes ver o conto e escoitalo en SM dixital. Seguilo no libro do nen@ e facer as preguntas de compresión que aparecen ó final. Facer a ficha seguindo as indicacións.
- Ficha 21
Riscar as accións que son malas para o medio ambiente.
Mentes matemáticas:
- Ficha 22
Recortar as figuras da páxina seguinte e montar o puzle.
XOVES 4
Unidade 6
- Ficha 22
Resta tachando elementos.
- Ficha 23
Trazo. Repasar e completar trazos. No reverso, repasar os trazos e completar o debuxo, colorear.
Galaxia das letras, comezamos o cuadernillo 6:
- Ficha páxina 1
Conto da letra "Y-y"
- Ficha páxina 2
Seguir as indicacións da ficha
VENRES 5
Unidade 6
- Ficha 24
A frase. Completar as palabras coas letras que faltan. Copiar a frase.
- Ficha 25
Adaptar a ficha a partires do conto popular "Carapuchiña Vermella" e pegar as figuras precortadas e adhesivos inventando un novo conto.
- Ficha 26
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 3
Completar as frases coas palabras correspondentes. No reverso, rodear as "Y" da adiviña e do trabalinguas e debuxar a solución.
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
PROPOSTA DE RELIXIÓN PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 Ó 29 DE MAIO.
RECORDADE:
- AS FICHAS DA UNIDADE 6 "DO CHAN AO CEO", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 4, MÁRCOAS DE VERDE
LUNS 25
Unidade 6
- Ficha 9
A resta. Seguir as indicacións da ficha
- Ficha 10
Trazo. Repasar os trazos. No reverso, repasar o debuxo e completalo como máis lles guste.
Lectoescritura:
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
MARTES 26
Unidade 6:
- Ficha 11
Os seres vivos. Recortar e pegar onde corresponde. Completar co nome que falta. No reverso, rodear 7 disparates.
- Ficha 12
"Un paseo espacial". podedes visualizar o conto en SM dixital (interactivo ou audio) e seguilo no libro do nen@. Seguir as indicacións da ficha.
Lectoescritura:
- Imprimir ou adaptar FICHA A
- Imprimir ou adaptar FICHA B
MÉRCORES 27
Mentes matemáticas:
- Ficha 18
Diante de/ entre/ detrás de. Esta ficha pretende captar a atención dos nen@s, intendade ler unha vez cada indicación e que resolvan.
- Ficha 19
Dereita/esquerda. Seguir as indicacións da ficha poñéndose na posición na que están os nenos da lámina.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 32
Conto da letra "Z - z"
- Ficha páxina 33
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
XOVES 28
Unidade 6
- Ficha 13
Seguir as indicacións da ficha asociando cada deportista co elemento que precisa. En vez de adhesivos podedes macar cun X.
- Ficha 14
Repaso de palabras con B. Antes de facer a ficha podedes facer en SM dixital a ficha interactiva correspondente (Iniciación á lectura, coñecemos a letra B). Usar as figuras precortadas e seguir as indicacións da ficha.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 34
Repasar as letras, sílabas e palabras.
Imprimir ou adaptar esta FICHA Z
Imprimir ou adaptar esta SOPA DE LETRAS
VENRES 29
Unidade 6
- Ficha 15
O Sistema Solar. Utilizar os adhesivos e pegar onde corresponde.
- Ficha 16
Repasar os trazos. No reverso, facer un debuxo deles mesmos sendo astronautas e co seu cohete espacial.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 35
Palabras con Z/C. Fixarse en que a letra Z só vai con a, o, u. Para as letras e, i precisamos o C.
Lectoescritura imprimir ou adaptar:
PROPOSTA DE RELIXIÓN SEMANA 25-29 DE MAIO
TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 Ó 22 DE MAIO.
RECORDADE:
- AS FICHAS DA UNIDADE 6 "DO CHAN AO CEO", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 4, MÁRCOAS DE VERDE
LUNS 18
Para introducir a unidade 6, podedes visualizar en SM dixital o vídeo: " A Terra e o Sistema Solar".
Unidade 6
- Ficha 1
Seguir as indicacións da ficha
- Ficha 2
Día e noite. Movementos de rotación/translación. Visualizar este vídeo antes de facer a ficha.
Lectoescritura:
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
MARTES 19
Mentes matemáticas:
- Ficha 14
Distinción de figuras. Risca a figura que sobra en cada caso.
Unidade 6:
- Ficha 3
Series lóxicas. Completar.
- Ficha 4
Trazo. Realizar o trazo con lápiz primeiro e logo con rotulador.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 27
Conto da letra "CH - ch".
- Ficha páxina 28
Seguir as indicacións da ficha.
MÉRCORES 20
Unidade 6
- Ficha 5
Podedes oír a canción en SM dixital, (Se ao ceo vas). Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 6
Rabia e anoxo. Recordar como nos calmabamos na clase, respirando polo nariz e expulsando o aire pola boca despaciño... Seguir as indicacións da ficha.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 29
Repasar letras, sílabas e palabras.
Imprimir ou adaptar as seguintes fichas:
XOVES 21
Unidade 6
- Ficha 7
Recorta e pega as pezas para formar o planeta Terra. Con axuda, debuxa un puntiño vermello no lugar da Terra onde estás ti.
- Ficha 8
Noite Estrelada (Vincent Van Gogh). Podedes visualizar esta ficha en SM dixital (educación artística). Seguir as indicacións, despois de ler no reverso a pequena biografía deste pintor.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 30
Repasar as sílabas. Seguir o recorrido das frechas para formas as 4 palabras e escribilas. No reverso pegar os adhesivos para formar as palabras.
Imprimir ou adaptar esta FICHA
VENRES 22
Mentes matemáticas:
- Ficha 15
Dereita/ esquerda. Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 16
Interior/Exterior/Fronteira. Realizar a ficha seguindo as indicacións. (Nesta ficha precisan da vosa axuda)
- Ficha 17
Repaso da hora en punto. Completar
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 31
Repasar e escribir as frases.
Lectoescritura imprimir ou adaptar:
PROPOSTA DE RELIXIÓN SEMANA 18-22 DE MAIO
TAREFAS PARA A SEMANA DO 11 Ó 15 DE MAIO.
RECORDADE:
- AS FICHAS DA UNIDADE 5 "QUE BEBEN AS PLANTAS?", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 4, MÁRCOAS DE VERDE
LUNS 11
Mentes matemáticas
- Ficha 7
Seguir as indicacións da ficha
- Ficha 8
Cubo, pirámide, esfera. Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 9
Recordo a hora en punto. Completar
Unidade 5:
- Ficha 15
Colorear o grupo de 9 elementos. Repasar e completar os números ata o 9. No reverso completar.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 26
Completar coas palabras que faltan (aparecen no reverso da ficha)
MARTES 12
Unidade 5
- Ficha 16
Usar os adhesivos correspondentes e seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 17
Trazo. Completar con lápiz e rotulador
Lectoescritura:
Imprimir ou adaptar á libreta ou folio as seguintes fichas:
MÉRCORES 13
Mentes matemáticas
- Ficha 10
Secuencia temporal. Usar os adhesivos na orde correspondente usando expresións do tipo: primeiro, depois, por último...
Unidade 5
- Ficha 18
Ordinais. Seguir as indicacións do reverso e pegar as figuras precortadas na orde que indica.
- Ficha 19
Debuxa e escribe con axuda 2 cousas que sabes facer e antes non sabías.
- Ficha 20
Podedes oír o conto en SM dixital e seguilo no libro. Recortar e ordenar as escenas. No reverso, poden debuxar ou recortar dalgunha revista ou periódico... e facer un obxecto máxico que lles gustaría ter. Escribir o nome do obxecto
XOVES 14
Unidade 5
- Ficha 21
Contaminación da auga. Seguir as indicacións da ficha. Concienciación da importancia da auga para os seres vivos e o seu uso. Diferenciar entre auga potable e non potable.
- Ficha 22
Sumas, completar.
- Ficha 23
Trazos. Repasar e completar. No reverso completar o debuxo.
Mentes matemáticas
- Ficha 11
Libro de lectura: facer as páxinas correspondentes á letra "Ll"
VENRES 15
Unidade 5
- Ficha 24
Usar "de" ou "do". Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 25
Verdadeiro ou falso. Pegar os adhesivos seguindo as indicacións da ficha. No reverso completar a serie pegando os gomets.
- Ficha 26
Mentes matemáticas:
- Ficha 12
Caber máis - caber menos.
- Ficha 13
Interior - exterior. Seguir as indicacións da ficha
Lectoescritura:
Imprimir ou adaptar esta lectura comprensiva
PROPOSTA DE RELIXIÓN
O profe Pepe deixavos este vídeo
TAREFAS PARA A SEMANA DO 4 Ó 8 DE MAIO.
RECORDADE:
- AS FICHAS DA UNIDADE 5 "QUE BEBEN AS PLANTAS?", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 4, MÁRCOAS DE VERDE
LUNS 4
Unidade 5
- Ficha 7
O ciclo da auga. Explicarlles o ciclo da auga e que podan comprobar os distintos estados da auga (líquido, sólido e gasoso). Recortar e pegar como indica a ficha.
- Ficha 8
Seguir as indicacións da ficha. Poden facela con acuarelas, pintura de dedos ou adaptar ó que teñades en casa.
Galaxia das letras:
- Imprimir ou adaptar á libreta ou folio a seguinte fotocopia. Clicar AQUÍ
MARTES 5
Mentes matemátucas
- Ficha 4
Dereita / esquerda. Pegar os adhesivos de estrelas seguindo as indicacións da ficha.
- Ficha 5
Recortar as pezas e formar o crebacabezas (puzle). Colorear as pezas que faltan.
- Ficha 6
Labirinto. Seguir as indicacións da ficha,
Galaxia das letras nº 5:
- Páxina 22
Conto da letra "Ll"
- Páxina 23
Seguir as indicacións da ficha.
MÉRCORES 6
Unidade 5
- Ficha 9
Pegar as regretas correspondentes para formar sempre o 9, e completar co número que falta en cada caso.
- Ficha 10
Completar os trazos co lápiz. Reverso: repasar e completar o debuxo usando rotulador e ceras.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 24
Seguir as indicacións da ficha.
XOVES 7
Unidade 5
- Ficha 11
Podedes escoitar o conto ou visualizalo en SM dixital. Tendes o miniconto dos Superheroes. Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 12
Repaso da letra F- f. Primeiro leédelle as palabras e logo dádelle as fguras precortadas e que as coloquen segundo teñan ou non F.
Nun folio ou libreta, escribir 3 palabras que teñan "F" e outras 3 que teñan "LL", e facer os debuxos relacionados coas mesmas.
VENRES 8
Unidade 5
- Ficha 13
Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 14
Importancia da letra inicial (a primeira letra). Seguir as indicacións da ficha.
No reverso escribir 2 palabras máis a partires desas cambiando a súa inicial, exemplo: LATA, PATA....
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 25
Seguir as indicacións da ficha.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE RELIXIÓN PARA A SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO
Podemos ver o seguinte vídeo
Despois adaptamos as seguintes fichas para colorear
TAREFAS PARA A SEMANA DO 27 Ó 30 DE ABRIL.
O LUNS REMATAMOS O QUE QUEDOU PENDENTE DO 2º TRIMESTRE E XA EMPEZAMOS CO 3º O MARTES.
PARA QUE VOS RESULTE MÁIS DOADO:
- AS FICHAS DA UNIDADE 5 "QUE BEBEN AS PLANTAS?", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 4, MÁRCOAS DE VERDE
LUNS 27
- Ficha 24
Ler o nome dos animais e as frases. Colorear os que indica e poñer o número de palabras que ten cada oración.
- Ficha 25
Visualizar este vídeo:
Reverso: Seguir a serie atendendo ás fornas, tamaños e cores.
- Ficha 26
Debuxar e escribir o nome dun medio de comunicación que use moito e outro que use pouco.
Galaxia das letras:
- Páxina 19: repasar grafías, sílabas e palabras. No reverso: reponder ás preguntas
MARTES 28
Unidade 5.
- Ficha 1
Observar a lámina. Colorear o recipiente no que cabe máis auga. Riscar as palabras do chan que non correspondan. Rodear o neno que sinte celos. Debuxar os grilos que faltan para que haxa 9.
Reverso: debuxar e escribir 3 usos que lle podemos dar a auga.
- Ficha 2. Podendes escoitar a canción en SM dixital. Seguir as pautas da ficha.
Mentes matemáticas:
- Ficha 1
A HORA EN PUNTO. Explicar a importancia do reloxo na nosa vida diaria. Seguir as indicacións da ficha para completar os reloxos.
Galaxia das letras nº 5:
- Páxina 20.
Formar palabras cos círculos da mesma cor e copiar no lugar correspondente. No reverso: copiar e colorear.
MÉRCORES 29
- Ficha 3
Completar para que haxa 9 elementos de cada. Escribe o número de debuxos que fixeches en cada lugar.
Reverso podedes poñerlle algunha suma sinxela.
Mentes matemáticas:
- Ficha 2
Rodea a pegada que deixa a pirámide.
- Ficha 3
Completa o castelo para que sexa simétrico (igual), con axuda. Contar as fiestras e ameas (saíntes da muralla)
Galaxia das letras nº5:
- Ficha páxina 21
Reverso: Escribir as palabras no lugar correspondente.
XOVES 30
- Ficha 4
Seguir as indicacións da ficha.
- Ficha 5
Celos. Comentade como se sinte Breixo coa chegada do seu irmán.
- Ficha 6
Repasar os trazos.
Libro de lectura:
- Facer as páxinas correspondentes a letra "J" (56-57)
PROPOSTA DE RELIXIÓN PARA ESTA SEMANA.
Podendes visualizar este vídeo:
e facer esta ficha adaptándoa como mellor vos vaia (imprimir ou debuxar e decorar a ovella con la, algodón, colorear...)
TAREFAS PARA A SEMANA DO 20 Ó 24 DE ABRIL.
ESTA SEMANA IMOS REMATAR O QUE NOS QUEDOU PENDENTE DO 2º TRIMESTRE. EN TODAS AS FICHAS SEGUIMOS AS SEGUINTES PAUTAS:
- PRESENTAMOS A FICHA E LEEMOS O QUE TEN QUE FACER
- POÑEMOS O NOME EN MINÚSCULA E A DATA
- AS DE TRAZO PRIMEIRO SEMPRE CON LAPIS E DESPOIS CON CERA- LAPIS DE COR OU ROTULADOR, DEPENDENDO SE TEN PARA COMPLETAR NO REVERSO.
PARA QUE VOS RESULTE MÁIS DOADO:
- AS FICHAS DA UNIDADE 4, "EN CONTACTO", MÁRCOAS DE AMARELO
- AS DA GALAXIA DAS LETRAS, O CUADERNILLO 4, MÁRCOAS DE VERDE
- AS FICHAS DE MENTES MATEMÁTICAS, MÁRCOAS DE AZUL.
LUNS 20
- Ficha 4
Completar cunha letra en cada casilla. Descubrir a palabra escondida segundo as cores.
- Ficha 5
A vergonza. Podedes escoitar a canción "O rap da billa emocional" en SM dixital
Rodear o globo que representa esta emoción, colocar os carteis adhesivos debaixo de cada globo.
- Ficha 8
Seguir as indicacións da ficha.
Galaxia das letras:
- Ficha páxina 39
Formar as frases segundo as cores e copiar na pauta en minúscula. Recordando comenzar con maiúscula e rematar co punto.
MARTES 21
Falar con eles de que existen uns sinais que son universais e que todos debemos coñecer (sinais de tráfico, do silencio, de identificación do váter feminino e masculino...)
- Ficha 13
Recortar os sinais da seguinte páxina e pegar onde corresponde.
Reverso: rodear o que contamina menos.
- Ficha 14
Debuxar unha casiña para a galiña e os pitiños.
Podedes oír o trabalinguas en Sm dixital. Ler o trabalinguas, rodear as letras N
- Ficha 15
Fixarse nos debuxos e completar. No reverso podedes poñerlle duas sumas e duas restas sinxelas.
Galaxia das letras nº 5:
- Ficha páxina 16
Conto da letra "J"
- Ficha páxina 17
Seguir indicacións da ficha
Podedes practicar a lectura das consoantes traballadas na sección actividades/educación infantil desta mesma páxina ou premendo directamente nas seguintes imaxes:
MÉRCORES 22
- Ficha 16
Identificar profesións relacionadas cos medios de comunicación. Pegar os elementos que faltan.
Reverso: Ler e adiviñar a solución da adiviña con axuda
- Ficha 17
Completar os trazos, primeiro con lapis e logo con rotuladores de cores.
Mentes matemáticas:
- Ficha 17
Dereita - esquerda. Pegar boliñas de papel da cor que indica ou facer puntiños con rotulador desa cor.
- Ficha 18
Interior, exterior, fronteira
Podedes cambiar as indicacións da ficha usando ceras da cor que indica en vez de pegar adhesivos/papeis.
Galaxia das letras nº5:
- Ficha páxina 18
Seguir as instrucións da ficha
XOVES 23
- Ficha 18
Unir as sumas co resultado e completar.
Reverso: poñédelle 4 sumas en vertical e 4 en horizontal.
- Ficha 19
En SM dixital podedes ver un vídeo dentro de recursos dixitais - educación emocional - o noxo
Colorear con ceras o termómetro segundo o grao de noxo (asco) que lle provoque cada situación.
- Ficha 20
Conto: "O xastriño valente". Podedes velo en SM dixital, recursos didácticos e seguilo no libro.
Ordenar as escenas e colorear a que cren que o xastriño se mostra máis valente.
Reverso: debuxar outra aventura do xastriño valente.
Mentes matemáticas:
- Ficha 19
Situarse no plano e seguir as indicacións ( arriba, abaixo, dereita, esquerda) ata chegar ó guante.
VENRES 24
- Ficha 21
Recortar as fotografías dos animais da páxina seguinte e pegalas segundo crean que se comunican ou non se comunican.
Escribir debaixo de cada foto o nome de cada animal
- Ficha 22
Ordinais. Fixarse na brocheta e pegar cada froita na orde que ocupa.
- Ficha 23
Repasar os trazos e completar os que faltan
Reverso: repasar con lapis, logo con rotulador, completar o debuxo e colorear.
Mentes matemáticas:
- Ficha 20
Hora en punto. As 3 en punto. Recortar as agullas e pegalas no reloxo segundo indica.
- Ficha 21
Recortar e pegar as pezas para formar o crebacabezas.
TRABALLO PARA OS NEN@S DE 5 ANOS DURANTE A CORENTENA:
- RUTINAS: É importante que os pequen@s sigan diariamente unhas rutinas que vos indiquei por tokap e que podedes ver premendo AQUÍ
- ACTIVIDADES IMPRIMIBLES, colgadas no blog, ás que poderedes acceder directamente premendo AQUÍ
- ACTIVIDADES/EXPERIENCIAS QUE PROPOMOS NO BLOG (pequenosdecastrelo.blogspot.com) durante este período, cada vez que colguemos algo novo avisaremosvos por tokapp.
- TRABALLAMOS A COMPETENCIA MATEMÁTICA(números,series,clasificacións,agrupacións..) premendo AQUÍ
- XOGOS ON LINE :
https://arbolabc.com/juegos-para-ninos-de-preescolar
https://www.juegosinfantilespum.com/
https://www.pocoyo.com/juegos-ninos
https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php
https://www.rtve.es/television/20200316/juegos-gratis-online-educativos-para-ninos-peppa-pig-simon-bing/2010180.shtml
- ACTIVIDADES QUE VOS IMOS PROPONDO A TRAVÉS DE TOKAPP
- ACTIVIDADES INTERACTIVAS,CONTOS CLÁSICOS,CONTOS ANIMADOS,LECTOESCRITURA DE SM,podedes acceder a elas premendo directamente na seguinte imaxe:
ESTAS ACTIVIDADES SON OPCIONAIS, SIMPLES PROPOSTAS COAS QUE INTENTO FACER ESTE PERÍODO O MÁIS AGRADABLE POSIBLE, VÓS, OS PAPÁS E MAMÁS SODES OS QUE MELLOR SABEDES CALES, COMO E CANDO FACELAS.
SON CONSCIENTE DE QUE POR DESGRAZA ESTA SITUACIÓN NON SE VIVE IGUAL EN TODAS AS CASAS. ÁNIMO FAMILIAS!! TODO SAIRÁ BEN!! AGORA MÁIS CA NUNCA GRAZAS POLO VOSO APOIO E COLABORACIÓN!!