Este martes día 25 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria puideron desfrutar dunha sesión moi divertida de xogos populares.

XOGOS POPULARES

Charla informativa sobre o CIBERACOSO impartida pola Garda Civil ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

 

CHARLA INFORMATIVA

Este xoves, 13 de novembro, tivemos un contacontos moi divertido a cargo de Uxía Morán. Moitas grazas á ANPA do noso centro por facer posible este tipo de actividades tan enriquecedoras para os nenos e nenas.

 

CONTACONTOS ANPA

Os nenos e nenas de quinto de primaria estiveron aprendendo moitas cousas sobre o universo e o que máis lles gustou foi sentirse como auténticos astronautas e coñecer o espazo moito mellor.

O UNIVERSO

Os nenos e nenas de quinto de primaria aprenderon moito facendo estas maquetas das células e por suposto tamén desfrutaron moito na súa elaboración e posterior exposición aos seus compañeiros do centro. Agardamos que vos gusten.


MAQUETAS DAS CÉLULAS

O pasado martes 23 de setembro, a través da ANPA todo o alumnado do centro puido desfrutar dunha sesión de maxia que foi moi divertida. Moitas grazas á nosa asociación de nais e pais por este día tan entretido.

Sesión de Maxia

Redes Sociais

Share This