Primaria
O pasado xoves 24 de outubro os alumnos e alumnas dende 2º ata 6º de primaria participaron na carreira de Tintores, aquí tedes un pequeno resumo de como foi a mañá.
A nosa compañeira Dayla cumpriu anos o 30 de agosto, así que agora que estamos todos xuntos de novo quixemos facerlle uns debuxos con moito cariño. Parabéns Dayla!

Despois dun curso cheo de esforzo, traballo e constancia chegou o momento dunhas merecidas vacacións, desfrutade moito do verán!!!!
Hoxe a nosa compañeira Iria cumpre 9 anos, os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle uns debuxos con moito cariño para agasallala e Iria compartiu con todos uns doces moi ricos. Moitos parabéns Iria!

Os nenos e nenas de 3º de primaria desfrutaron moito da excursión que fixemos xunto con todo o colexio ao zoolóxico de Marcelle.
Os nenos e nenas de terceiro de primaria xunto con todos os seus compañeiros do centro correron un ano máis pola nosa lingua...





