Blog xeral
Dada a situación que estamos a vivir, houbo que que facer unha adaptación da programación que tiñamos pensado dar. Tamén a maneira de avaliar, xa que non existe 3ª Avaliación, contando, o traballo deste 3º Trimestre para a nota final, que parte da conseguida na segunda avaliación.
Para que teñades claro o que se traballa e como se avalia en cada curso, aquí vos deixamos en pdf as adaptacións de cada un dos cursos:
Dende o equipo de Normalización Lingüística aquí vos deixamos actividades e curiosidades para o día das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Esperamos que disfrutedes todos, dende os pequenos de infantil ós maiores de primaria!!!!
FELIZ DÍA GALEG@S!!!!
https://drive.google.com/open?id=1zF93H3DI4OfaRTSFZgOlIrqgk0UKk_iV
A CLASE DE 1º E 2º CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
O vindeiro domingo, celébrase o día grande da lingua galega, por elo, os nenos e nenas de 1º e 2º, recitáronnos con moito cariño un fragmento da obra "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero, que como sabedes este ano, é o escritor homenaxeado .
Esperamos que desfrutedes escoitándoos e que vos animedes a falar neste idioma tan fermoso!
Premede na imaxe para poder ver o vídeo.
Recomendámosvos este xogo para mellorar a COMPRENSIÓN LECTORA. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado graduándose a dificultade dos exercicios nos mesmos. Estas son algunhas das actividades deste xogo: ordenar as palabras dunha frase, ordenar unha secuencia de frases, responder a preguntas dunha lectura, etc. Premede enriba da imaxe para acceder ao xogo.
Deixámosvos un chulísimo CALENDARIO DAS EMOCIÓNS do mes de ABRIL:
Esta bonita casiña está dividida en trociños nos cales está o número de cada día do mes. Así, cada día tedes que pintar cada cachiño dacordo ao voso estado de ánimo segundo a cor que vos indica o código. Moito ánimo!
FONTE: Visto en www.instangram.com/micolealdiainsta
Hoxe,día 2 de abril, conmemoramos o día mundial do autismo, e dende o cole gustaríanos que vos sumárades a esta preciosa iniciativa. Mans á obra e que xiren eses "molinillos" nos vosos balcóns!
A continuación deixamos o link ao documento referido ás axudas para aqueles usuarios do comedor escolar aos que este lle era gratis ou pagaban 1€ ao día.
Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19
"Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.
Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos."
A continuación póñovos algúns links que imos atopando pola rede e que vos poden ser de interese para estes días na casa:
Museos con visitas virtuais: http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/museos-visitas-virtuales-seleccion-mejores/
Materiais gratuitos da editorial La Calesa: http://www.lacalesa.es
Educlan 3-5 anos: http://www.rtve.es/infantil/series/ecuclan-3-5-anos/
Iremos editando este artigo a medida que vaiamos atopando máis.
Subcategorías
English
English