CHEGA A PASCUA!!

www.kizoa.plcollage 2020 04 02 00 05 40

Case sen darnos conta chega a Pascua, por estas datas no cole temos costume de facer algunha manualidade e deixala na ventana porque o coelliño de Pascua sempre pasa polas clases  a deixarnos algún oviño de chocolate. 

Como nas vosas casas non faltan os tubos de papel hixiénico, ocurríusenos que esta vez o coelliño podiades facelo con esa base, logo decoradeo como máis vos guste, tedes exemplos nas fotos da imaxe.

Desta vez vai pasar polas vosas casas, cun permiso especial e sen achegarse demasiado. Non sei se chegarán os ovos...pero se facedes a manualidade e a deixades na ventana seguro que algunha lambetada vos deixa dentro. 

GRAZAS PAPIS E MAMIS  POLA VOSA COLABORACIÓN !!

 

 

Redes Sociais

Share This