Déixovos o vídeo-resumo da etapa infantil (Promoción 2018-2021),  na que o grupo formado por Nerea, Ares, Sofía, Alexia, Iria e Alba compartiron moitas experiencias e asentaron as bases da primeira amizade... 

NORABOA GRADUADOS!!

 

 Esta mañá os nenos e nenas de 4-5 anos cando baixamos ó recreo atopámonos cunha grata sorpresa: había unha fogata e castañas asadas que puidemos pelar, aínda que nos ensuciamos as mans!!! Estaban moi boas e aproveitamos a levar unhas pouquiñas para casa!!

                                                          magosto 2020

  Este ano tan peculiar e con algún que outro incidente, aínda tivemos un oco para festexar e recordar o noso tan ansiado ENTROIDO. Déixovos unhas imaxes do que puidemos levar a cabo na aula e darvos as grazas, unha vez máis pola vosa colaboración na decoración dos antifaces!

          

          Entroido 2021

ESTA SEMANA NA AULA DE 4-5 ANOS, ADICÁMOSLLE UN TEMPO  A FACER DISTINTAS ACTIVIDADES DE SAMAÍN E COMO LLE CHAMA A PROFE BEA HALLOWEEN....

DÉIXOVOS UNHAS IMAXES DE COUSIÑAS QUE FIXERON :

20201030 16174920201030 162214

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA DECORACIÓN DA PANTASMA MONSTRUOSA!!!

Hoxe remata o máis atípico de todos os cursos, por iso non vai ser un curso máis, porque este foi especial para todos nós pero sobre todo para @s pequen@s da clase de 3 anos, porque foi o seu primeiro ano no cole. Aínda que non rematou como tiñamos pensado, compartimos moitos e moi bos momentos, aquí vos deixo un pequeno resumo do voso primeiro ano no cole.

Despedímonos coa pena da distancia pero coa certeza de que voltaremos máis fortes!!

GRAZAS POR TANTO!!

No seguinte vídeo podedes ver aos pequen@s de Castrelo decindo as súas palabras preferidas en galego!! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

www.kizoa.plcollage 2020 05 16 22 58 29

Hoxe queremos presentarvos ás mellores mamás do mundo, son elas, son as nosas, son as SUPERMAMÁS dos pequen@s de Castrelo!!

www.kizoa.plcollage 2020 05 03 10 03 18

Onte e despois de moitos días, cumprindo mellor ca ninguén o confinamento, @s pequen@s de Castrelo saímos por fin ás rúas, e fixémolo coma sempre dando exemplo!! Disfrutamos moito  e cumprimos as normas. Mirade o seguinte vídeo, xa  queda menos! Grazas familias!!

www.kizoa.plcollage 2020 04 27 15 03 10

Deixámosvos unha serie de propostas lúdicas para facer na casa, no seguinte enlace podedes atopar obradoiros, deporte, música...

actividades ludicas

 

Hoxe, 23 de abril, para conmemorar o día do libro, @s pequen@s de Castrelo queremos ensinarvos os nosos contos preferidos. Grazas ás familias pola súa colaboración, coa vosa axuda todo é máis fácil. FELIZ DÍA DO LIBRO en casa!!

 www.kizoa.plcollage 2020 04 22 22 35 58

Para rematar a semana, sabemos un pouco de ioga nos vai vir moi ben a todos. Estirade a toalla no chan e practicar!!

Redes Sociais

Share This