PAZ: "UN MUNDO DE CORES"

IMG 20230130 165727

Hoxe conmemoramos o Día da Paz con actividades conxuntas nas que participaron todos os alumnos/as do cole. Coordinadas polos Equipos de Actividades Complementarias e Extraescolaes, Dinamización da Lingua Galega, Inglés e Música.

A semana pasada comezamos a facer un mural baixo o lema "Un mundo de cores", no que cada alumno/a estampou a súa man coa súa cor favorita e escribiu unha palabra relacionada co día da paz en galego,castelán e inglés. Tamén durante toda a semana pasada os alumnos/as aprenderon nas clases de música a canción: " A peor xogada"

Con todo o traballo feito, porque ademáis temos claro que a Paz é algo que debemos practicar cada día, esta tarde reunímonos para colgar o noso mural e cantar xuntos a canción.

IMG 20230130 WA0008

Redes Sociais

Share This