Maquetas Etapas Históricas

Estas semanas do mes de maio e xuño, a clase de 3º e 4º estivo realizando unhas maquetas sobre distintas etapas históricas, son a Prehistoria, a Idade Antiga, a Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea. Nelas atópase representado como era a sociedade daquela época, así como os principais acontecementos que marcaron o inicio dunha nova etapa e o remate da anterior. Entre eles destacan: a aparición da escritura, Roma, Grecia, castelos, a invención da imprenta, a Revolución Francesa... chegando ata os nosos días.

Isto permítenos observar de primeira man como foi evolucionando a sociedade ata chegar á actualidade. Aquí tedes unhas fotografías do traballo.

Quedaron ben chulas!!!

Prehistoria e Idade Antiga

Idade Media e Idade Moderna

Idade Media e Idade Moderna

Redes Sociais

Share This