O luns, día 1 de marzo, ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2021-22. Se estades pensando en traer ao/s voso/s fillo/s e desexades coñecernos, podedes reservar xa cita para unha visita individualizada.
Se xa o tedes claro, e queredes solicitar a admisión debedes:
- Entregar o Anexo II que podedes descargar facendo [clic aquí]:
- No caso de que teñades certificado dixital podedes tramitalo online en: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
- Traer libro de familia e cartilla de vacinas do/s neno/s.
- Para o alumnado de Educación Infantil as fotografías serán entregadas en setembro para que sexan o máis recentes posible no momento de comezar o curso.