Onte, familias, alumnos, profes e antigos alumnos, reunímonos no pavillón do Terrón para festexar o Magosto organizado pola ANPA. Foi unha tarde-noite moi entretida e moi ben organizada. Moitísimas grazas á ANPA do cole polo esforzo e traballo, mereceu a pena!! Estas iniciativas son moi enriquecedoras para toda a comunidade educativa. Agardamos pola seguinte!!