Actividades Infantil
Non sabemos exactamente de que cor son os bicos pero o que temos claro é que os vosos bicos saben a caramelo e algodón de azucre e dannos o empuxón que precisamos para seguir. Grazas por tantos bicos!
Onte foi o día Internacional do bico, como estabamos de vacacións non pudemos celebralo, pero aos PEQUEN@S DE CASTRELO encántannos os bicos, polo que a nosa proposta para comezar o trimestre é mandarnos todos os bicos que estamos desexando darnos.
Para comezar deixámosvos un conto precioso: "¿De que color es un beso?" de Rocío Bonilla.
Agardamos que vos guste.
Despois de ver o conto propómosvos, pintar os labios das cores que queirades e dar un montón de bicos nun folio en branco. Queremos a vosa foto agarrando ese folio!
Agardamos con impaciencia todos os vosos bicos!!
Por se durante estes días a algún/a se lle cae un dente, deixámosvos un modelo de carta para que llo deixedes ao Ratiño Pérez, recordade que él ten un permiso especial e sigue vindo a buscar os vosos dentiños. Non vos esquezades de cepillarvos cada día!!
Podedes descargar o material no voso oredenador premendo AQUÍ
Para comezar as vacacións propómosvos un recurso moi interesante da editorial SM.
Viaxar en familia dende a nosa casa ata México, Xapón, Australia, Francia, Grecia, Exipto ou Inglaterra. É cuestión de organizarse para poder ir a todos!! Feliz viaxe!!
Ademáis se compartides fotos das vosas viaxes destes días podedes gañar un premio!
Aquí vos deixamos toda a información
Case sen darnos conta chega a Pascua, por estas datas no cole temos costume de facer algunha manualidade e deixala na ventana porque o coelliño de Pascua sempre pasa polas clases a deixarnos algún oviño de chocolate.
Como nas vosas casas non faltan os tubos de papel hixiénico, ocurríusenos que esta vez o coelliño podiades facelo con esa base, logo decoradeo como máis vos guste, tedes exemplos nas fotos da imaxe.
Desta vez vai pasar polas vosas casas, cun permiso especial e sen achegarse demasiado. Non sei se chegarán os ovos...pero se facedes a manualidade e a deixades na ventana seguro que algunha lambetada vos deixa dentro.
GRAZAS PAPIS E MAMIS POLA VOSA COLABORACIÓN !!
Xa estamos a xoves, hoxe @s pequen@s de Castrelo teñen psicomotricidade! Imos movernos practicando un chisquiño de inglés.Poñede a roupa de deporte e a moverse!! (non vale estar en pixama!)
Unha manualidade coa que @s nen@s disfrutarán facendoa e que nos será de gran utilidade para canalizar as emocións, que nestes días están a flor de pel, tomade nota do que precisamos
@s pequenos de Castrelo decímosvos: SE QUEDADES NA CASA TODO SAIRÁ BEN!! XUNTOS RESISTIREMOS!!