Onte pola tarde, un grupo de familias da ANPA, traballou duro para pornos a punto o noso horto e axudarnos a comezar cos patios dinámicos. Prepararon o terreo do horto e invernadeiro, colocaron as mallas para que non nos salgan as herbas, fixeron o valado arredor do horto, empezaron a prepararnos o sistema de riego e enterraron os areeiros na zona do parque. Dende o claustro non podemos sentirnos máis agradecidos e orgullosos da nosa ANPA.Cada vez que llo pedimos sempre están dispostos. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!! Agora tocaralle aos nosos pequenos agricultores encher o horto de vida!